Estas condicións regulan o uso da app faladore. Ao usala, acéptalas.
1. Quen presta o servizo
Faladora Labs SL, CIF B23986425, Estrada de Viveiro 62, 15337 O Barqueiro, Mañón, A Coruña, España. info@faladoralabs.com.
2. Que é a app
faladore é unha app gratuíta para gaiteiros: afinador, metrónomo, os teus instrumentos e os seus coidados, e un rexistro de práctica.
3. Conta e modo convidado
Podes usar o afinador e o metrónomo como convidado, sen conta. Para gardar os teus instrumentos, os seus coidados e a túa práctica precisas unha conta con correo electrónico. Garda ben o teu contrasinal: es responsable do que se faga coa túa conta.
A app está pensada para maiores de 14 anos; consulta a política de privacidade.
4. Uso aceptable
Usa a app de xeito lícito e para o que serve. Non intentes acceder a datos doutras persoas, perturbar o servizo, descompilalo máis alá do que permite a lei nin subir contido ilícito ou que non teñas dereito a usar.
5. O teu contido
As fotos e os datos que engades sobre os teus instrumentos seguen sendo teus. Só nos dás o permiso necesario para gardalos e amosarchos na app.
6. Propiedade intelectual
A app, o seu deseño, o seu nome e o seu logotipo pertencen a Faladora Labs SL ou aos seus licenciantes. Estas condicións non che dan ningún dereito sobre eles máis alá de usar a app.
7. Dispoñibilidade e cambios no servizo
Traballamos para que a app estea dispoñible, pero non podemos garantir que funcione sempre sen interrupcións. As funcións poden cambiar, retirarse ou engadirse máis adiante.
8. Exclusión de garantías e limitación de responsabilidade
O afinador e o metrónomo son axudas: non garanten ningún resultado musical, e a súa precisión depende do teu teléfono e do contorno. A app ofrécese tal como é. Na medida en que a lei o permita, Faladora Labs SL non responde de danos indirectos nin da perda de datos derivada do uso da app. Nada nestas condicións limita os dereitos que a lei che recoñece como consumidor.
9. Baixa e borrado da conta
Podes deixar de usar a app cando queiras e pedir o borrado da túa conta: consulta Borrar a túa conta. Podemos suspender unha conta que incumpra gravemente estas condicións.
10. Cambios nas condicións
Se cambiamos estas condicións, publicaremos a nova versión nesta páxina coa súa data. Se o cambio é importante, avisarémoste tamén por un medio axeitado.
11. Lei aplicable e xurisdición
Estas condicións réxense pola lei española. Se es consumidor, podes acudir aos xulgados do teu domicilio.
12. Contacto
Faladora Labs SL · info@faladoralabs.com