Esta política explica que datos recolle a app faladore, para que, e que podes facer con eles.
1. Responsable do tratamento
Faladora Labs SL
CIF: B23986425
Estrada de Viveiro 62, 15337 O Barqueiro, Mañón, A Coruña, España
info@faladoralabs.com
Faladora Labs non designou un delegado de protección de datos (DPO): non está obrigada a facelo polo seu tamaño e polos datos que trata. Para calquera cuestión sobre a túa privacidade, escribe a info@faladoralabs.com.
2. Que datos recollemos e para que
- A túa conta: correo electrónico, contrasinal e, se o engades, un nome visible. O contrasinal xestiónao Firebase Authentication; nós nunca o vemos nin o gardamos. Tamén podes usar a app como convidado: entón recibes un identificador anónimo, sen correo. Para que: crear a túa conta e que os teus datos sexan só teus.
- O que rexistras na app: os teus instrumentos e as súas fotos, os seus coidados e mantemento, e o teu rexistro de práctica. Para que: é para o que serve a app; só ti podes velo.
- Diagnóstico: informes de fallos e erros, co teu identificador de usuario, a versión da app, a pantalla na que estabas e o estado da conexión Bluetooth. Para que: atopar e corrixir fallos.
- Analítica de uso: eventos sobre como se usa a app (por exemplo, que pantallas se abren) e o identificador que Google Analytics garda no teu teléfono para contalos. Para que: entender que funciona e mellorar a app. Só se o aceptas na app; se o rexeitas ou o retiras, ese identificador bórrase do teléfono.
- Identificador de instalación: o identificador que Firebase lle asigna a cada instalación da app. Úsase sempre, con ou sen analítica, para entregar a configuración da app (Firebase Remote Config) e para os informes de fallos (Firebase Crashlytics). Para que: que a app funcione coa configuración correcta e poidamos corrixir fallos.
- Configuración de funcións: que funcións están activadas para a túa conta. Fixámola nós. Para que: amosarche as funcións que che corresponden.
Só se usas funcións que a app pode ofrecer no futuro:
- Sensor Bluetooth opcional: se esta función está activada para ti e conectas un sensor, a app garda as súas lecturas (presión do sopro, temperatura, humidade e batería do sensor) e o dispositivo emparellado. Para que: amosarche as túas sesións.
- Módulo de partituras: se esta función está activada para ti, o teu identificador de usuario e o teu correo envíanse a Supabase para abrir a túa sesión, e a túa biblioteca de partituras gárdase alí. Para que: gardar as túas partituras e repertorios.
O que non facemos:
- O afinador escoita polo micrófono, pero o son procésase no teu teléfono: nunca se envía nin se garda.
- Non gardamos a túa localización. Só durante unha sesión co sensor Bluetooth opcional, a app le a túa localización aproximada e envíaa, arredondada a arredor de 1 km, a Open-Meteo para obter o tempo do lugar; non se garda. En Android 11 e anteriores o sistema pide ademais un permiso de localización para buscar dispositivos Bluetooth.
- Non usamos o identificador de publicidade.
- Non vendemos os teus datos e a app non amosa anuncios.
3. Base xurídica
- A túa conta e o que rexistras na app: a execución do contrato que aceptas ao usar a app (art. 6.1.b RXPD).
- Analítica de uso: o teu consentimento (art. 6.1.a RXPD e art. 22.2 LSSI). A app pídecho a primeira vez que a abres e non recolle nada ata que aceptas. Podes retiralo cando queiras en Perfil → «Estatísticas de uso».
- Diagnóstico (Firebase Crashlytics): o noso interese lexítimo na estabilidade e a seguridade da app (art. 6.1.f RXPD). Non depende do consentimento da analítica, porque sen estes informes non poderiamos detectar nin corrixir fallos. Non se usa para perfilar nin para publicidade. Podes opoñerte escribíndonos (apartado 7).
- Identificador de instalación (Firebase Remote Config e Crashlytics): o noso interese lexítimo en entregar o servizo que pides coa configuración correcta e na estabilidade e a seguridade da app (art. 6.1.f RXPD). É necesario para que a app funcione como debe, por iso non depende do consentimento da analítica. Podes opoñerte escribíndonos (apartado 7).
- Funcións opcionais: a execución do contrato, só cando as usas.
4. Encargados e terceiros
Usamos provedores que tratan datos por conta nosa e seguindo as nosas instrucións:
- Google (Firebase): Authentication, Cloud Firestore, Cloud Storage, Analytics, Crashlytics e Remote Config. Privacidade e seguridade en Firebase · Política de privacidade de Google.
- Supabase: só para o módulo de partituras, cando está activado para ti. Política de privacidade de Supabase.
- Open-Meteo: só durante unha sesión co sensor Bluetooth opcional, recibe a túa localización aproximada, arredondada, e devolve o tempo do lugar. Coma calquera web, ve tamén o enderezo IP do teu teléfono. Condicións e política de privacidade de Open-Meteo.
Non cedemos os teus datos a ninguén máis, agás obriga legal.
5. Transferencias internacionais
Google e Supabase poden tratar datos fóra do Espazo Económico Europeo, por exemplo nos Estados Unidos. Esas transferencias ampáranse no Marco de Privacidade de Datos UE-EUA, cando o provedor está certificado, ou nas cláusulas contractuais tipo da Comisión Europea.
6. Conservación
- A túa conta e o que rexistras na app: mentres exista a túa conta.
- Informes de fallos: ata 90 días.
- Analítica de uso: o prazo configurado en Google Analytics, como máximo 14 meses.
- Correos con solicitudes de borrado: 5 anos desde a resposta, para acreditar que as atendemos.
Cando borras a túa conta, borramos nuns minutos os datos da conta e todo o que rexistraches na app, tamén os datos das funcións opcionais e de partituras. Os informes de fallos e a analítica non están vinculados á conta e bórranse ao rematar o seu prazo. Como pedilo: Borrar a túa conta.
7. Os teus dereitos
Podes pedirnos:
- acceder aos teus datos;
- rectificalos;
- suprimilos;
- limitar o seu tratamento ou opoñerte a el;
- recibilos nun formato portable.
Escribe a info@faladoralabs.com desde o correo da túa conta. Respondemos nun prazo dun mes.
Se cres que non tratamos ben os teus datos, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
8. Borrado da conta
Podes pedir o borrado da túa conta aínda que non teñas a app instalada. Consulta Borrar a túa conta.
9. Menores
A app está pensada para maiores de 14 anos (art. 7 da Lei Orgánica 3/2018 de protección de datos). Os menores de 14 anos só poden usala co consentimento dos seus pais ou titores.
10. Cambios nesta política
Se cambiamos esta política, publicaremos a nova versión nesta páxina coa súa data. Se o cambio é importante, avisarémoste tamén por un medio axeitado.
11. Contacto
Faladora Labs SL · Estrada de Viveiro 62, 15337 O Barqueiro, Mañón, A Coruña, España · info@faladoralabs.com