faladore

Borrar a túa conta de faladore

Última actualización: 12 de novembro de 2026

faladore é unha app de Faladora Labs SL. Podes pedirnos que borremos a túa conta e os seus datos cando queiras, aínda que xa non teñas a app instalada.

Como pedilo

Desde a app: Perfil → Eliminar conta. Pedirémosche o teu contrasinal para confirmar que es ti.

Sen a app: escribe a info@faladoralabs.com desde o correo da túa conta, co asunto «Borrar a miña conta de faladore». Usamos ese enderezo para comprobar que a conta é túa. Se nos escribes desde outro enderezo, antes de borrar nada pedirémosche que o confirmes desde o da túa conta.

Que se borra e que se conserva

Que se borra: a túa conta (correo, nome visible e identificador de usuario) e todo o que rexistraches: instrumentos e as súas fotos, coidados e mantemento, rexistro de práctica, e os datos das funcións opcionais e de partituras. Bórrase nuns minutos despois de eliminar a conta.

Que se conserva, por que e canto tempo:

  • Os informes de fallos, ata 90 días, para corrixir erros da app. Levan un identificador que xa non corresponde a ningunha conta e non conteñen o teu correo.
  • A analítica de uso, só se a aceptaches na app, durante o prazo configurado en Google Analytics (como máximo 14 meses). Non está vinculada á túa conta.
  • O correo da túa solicitude, se nos escribiches, durante 5 anos, para acreditar que a atendemos. Despois borrámolo.

Cando

Respondemos e facemos o borrado no prazo dun mes desde a túa solicitude (art. 12.3 RGPD).